Fundación Cidade da Cultura


O noso obxectivo

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia créase en 1999, por iniciativa da Xunta de Galicia e baixo o réxime de Fundacións de Interese Galego, co obxecto de centrarse na creación e xestión dun "espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador, propicio para a interacción cultural".

Situada en Santiago de Compostela e concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.

Despois de dez anos dun intenso e rico debate no seo da sociedade galega e dun coidado proceso construtivo, a Cidade da Cultura de Galicia comeza a ser unha realidade e abrirá as portas dos seus primeiros espazos no outono de 2010, Ano Xacobeo.


© cidade da cultura de galicia