Fundación Cidade da Cultura


Noticias

Máis de 130 axentes turísticos de toda España visitan a Cidade da Cultura

[ 02/11/2009 ] Recentemente, un grupo de máis de 130 axentes turísticos procedentes de toda España percorreron a Cidade da Cultura. A visita, organizada con motivo da celebración en Santiago dun Congreso de turismo do Grupo Europa, cumpre o obxectivo de dar a coñecer o complexo entre o sector turístico nacional.

O grupo posando diante das Torres de John Hejduk
O grupo posando diante das Torres de John Hejduk
Este tipo de actividades, dirixidas ao sector turístico, son clave para fomentar e incrementar o fluxo de visitantes e turistas á Cidade da Cultura. Ademais, o ano próximo e coincidindo coa celebración do ano Santo Xacobeo, inauguraranse tres dos seis edificios: o Arquivo de Galicia, a Biblioteca de Galicia e o edificio de Servizos Centrais, polo que súa promoción, tanto nacional coma internacional, é de especial importancia.

O percorrido

Durante a visita, que durou ao redor dunha hora e media, os visitantes puideron coñecer o proxecto arquitectónico que Peter Eisenman levanta no Gaiás. Percorreron parte do complexo e deleitáronse coas vistas de ofrece a Cidade da Cultura cara á vella Compostela. Tras a visita, os participantes destacaron a súa magnífica localización e o seu tamaño, así como a o revestimento de pedra dos edificios.

Máis noticias



© cidade da cultura de galicia